sábado, 7 de mayo de 2016

Hola!!!, xa estou por aquí de novo.., sen tempo non era!!, deíxovos unhas fotos da saída que fixemos todos/as os alumnos de infantil a semana pasada a conserveira. Foi unha visita interesante, fixemos un percorrido por todas as instalacións, dende as máquinas de despiece, o conxelador, a sala de envasado, a zona de almacenamento etc...,pero sí é verdade que a algúns dos nenos non lles gustou nalgunhas partes, porque se asustaron co ruído das máquinas.., o que lles encantou foron as latas que lles regalaron ao rematar!!! Nas fotos, os nenos/as das outras aulas, aparecen coa cara difuminada. Espero que vos guste.

miércoles, 24 de febrero de 2016

         Rosalía de Castro


 
Bos días!!!, hoxe celébrase o día de Rosalia de Castro, por eso, estivemos coñecendo a esta autora tan importante e logo os nenos e nenas do noso cole pintaron un debuxo de Rosalia, que foi plastificado e finalmente fixemos unha chapa!,esperamos que vos guste!!!!

jueves, 11 de febrero de 2016

E agora deíxovos as fotos do entroido!!! Os nenos e nenas estaban guapísimos e pasámolo moi ben vendo ao resto dos alumnos do centro. Moitas gracias polas rosquillas, orellas, filloas etc.., os nenos/as coméronas de maravilla, estaba todo riquísimo!!!!
Xa estamos por aquí de volta!!!!. Deíxovos un video con algunhas das cousas que fixemos para celebrar o día da paz.., entre elas..,un mural no que os nenos/as pintaron a palabra "paz" en distintos idiomas.., decoramos unha maceta e plantamos unha planta ao igual que o resto dos alumnos do centro, coa temática "sementamos paz"..., pintamos as nosas mans e fixemos entre todos unha pomba de colores.., e por último como xa sabedes participamos na carreira solidaria na que recaudamos diñeiro por correr para a ong "Save the Children". Espero que vos guste

lunes, 28 de diciembre de 2015

E agora deíxovos unha presentación de fotos para que vexades como vivimos o Nadal na nosa aula e no cole!!!, Traballamos moito.., "escribimos" unha carta a Papa Noel, pintamos unha árbore e un rei mago.., fixemos unhas preciosas portadas para os traballos trimestrais.., e moitas máis cousas. O venres fomos moi emocionados a entregar a carta a Papa Noel que veu de visita ao noso cole.., deunos moitos caramelos e algúns nenos e nenas subíronse no seu colo.., aínda que a maioría decidiu non acercarse moito a el!!!!. Despois actuamos como vistes no vídeo.., e foi todo un éxito!!!!. Bueno,que pasedes unhas felices festas.., vémonos dentro duns días...

domingo, 27 de diciembre de 2015

E outro vídeo dende outra perspectiva!!!, Espero que vos guste!!!
Felices festas a tod@s!!!!, deíxovos o vídeo da actuación dos nen@s!!!, fixérono de marabilla, estou moi orgullosa de todos eles/as. Desculpade a calidade do vídeo, porque ao ser bastante longo tiven que baixarlle a resolución!.